Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

brollon

O Castroverde desplegou un bo xogo na tarde do domingo, levando a iniciativa en moitos momentos do partido, pero o acerto cara a portería dos rivais foi suficiente para doblegar ós verdibrancos.

Os primeiros quince minutos o balón era visitante. Xogando en curto, e atacando polas bandas, o Brollón só defendía. Sen embargo, nunha xogada aislada, o dianteiro consegue chegar nun man a man co porteiro, que despexa o primeiro disparo pero non pode parar o rexeite. A partir de aquí os locais tiveron máis ocasións, e no 37′ Samuel soupo aproveitar a posición adiantada para picar por riba e marcar o segundo. Co dous a cero chegábase ó descanso.

A segunda parte comezou cun gol de Hugo, que se adiantou á saída do porteiro a un centro raso dende a dereita. Co tres a cero o Castroverde non baixou os brazos, seguía tentando atacar. O partido era igualado, pero nestas que apareceu Daniel cun tiro impresionande dende fóra da área que entrou pola escadra. O Brollón xogaba tranquilo, sabéndose gañador, pero a SD non se ía ir de balde. Gelo marcaba de falta directa, por riba da barreira e imposible para o porteiro.

A semana que ven visítanos o Chantada B. Esperamos conseguir unha vitoria que rompa a xeira negativa de resultados das últimas xornadas