Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

palas

A SD Castroverde caeu fronte ó Palas por 1-3 na segunda xornada de liga, o que supón a primeira derrota da tempada.

Os locais chegaban ó encontro arrastrando varias baixas do plantel titular. O plantexamento foi conservador tentando levar o perigo á contra. Os celestes pola contra tentaban saír co balón xogado, sem embargo o perigo levávano con balóns largos. O encontro foi pobre en canto a fútbol. Mediada a primeira metade os visitantes conseguían inaugurar o marcador logo dun rexeite nunha xogada na que a defensa non atinou a despexar. O partido poñíase do lado dos visitantes sen facer tampouco nada destacable. Pola súa parte os verdibrancos pouco se asomaron á área rival, costábanlles trenzar as xogadas e xerar ocasións. Con derrota pola mínima chegouse ó descanso.

Na segunda metade a tónica foi similar. O xogo físico destacaba por encima da técnica sendo algo superiores os visitantes. A SD adiantou as liñas e volcouse no ataque buscando con máis ganas o gol do empate. Sem embargo eran os visitantes os que conseguían o segundo da tarde logo de aproveitar un dos moitos balóns que mandaron á espalda da adiantada defensa local. O partido semellaba rematado pero nunha falta lateral Abel vía porta por segundo partido consecutivo logo dun remate pouco estético. Co encontro xa na fase final o Castroverde foi a polo empate con todo, ante un Palas que se denfendeu con acerto. Nunha das útimas xogadas, no enésimo balón longo, acadaron o terceiro da tarde e pecharon o partido. Non houbo tempo para máis.

Fdo. Bruno