Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A SD Castroverde quere anunciar a todos os seus aficionados o acordo con José Pereira como adestrador para a tempada 2014-2015. Xogou prácticamente toda a súa carreira deportiva, (10 campañas) no club no que vai tomar o control deportivo. Esta será a súa primeira experiencia na segunda Rexional de Lugo.

Así mismo quere agradecer públicamente a Manuel Ferreiro Gomez o seu gran labor nesta segunda etapa no club. De forma totalmente desinteresada ocupou o banquillo verde as tres últimas campañas, con un excelente resultado.

Por último quere anunciar os cambios trala convocatoria de asamblea realizada o pasado luns en primeira convocatoria as 21.00 horas, e en segunda as 21.30, cos seguintes acordos:

  • – Disolver a actual xunta directiva.
    • — Neste punto a SD Castroverde quere agradecer o esforzo, dedicación e tempo, case sempre sen gratificación, dun dos seus membros, Iván López Rivas, que tras oito anos deixa a directa da SD.
  • – Nomeamento de nova directiva a que se incorporan tres novos membros.
    • — A nova directiva queda composta do seguinte xeito:
      • — Presidente – Manolo Castedo
      • — Vicepresidente Primeiro – Marcos Quintás
      • — Vicepresidente segundo – Manuel Pereira
      • — Secretario – Tino Castedo
      • — Tesorero – Carlos Castedo
      • — Vocal – José Otero
      • — Vocal – Richard Huerta
      • — Vocal – Albino Fernandez
  • – Aprobación de contas da campaña 2013-2014
    • — Aprobanse por unanimidade as contas da campaña pasada.
  • – Planificación Deportiva 2014-2015 e nomeamento de José Pereira como adestrador.
  • – Definición e elaboración de plan para a campaña de socios 2014-2015.