O Castroverde despídese da copa en cuartos de final ante o Luis Pimentel, nun encontro no que reinou o respeto e apenas se viron ocasións de gol.
A primeira metade comezou co dominio dos visitantes. Os locais replegaban liñas confiando nas contras, contras que apenas ía aparecendo. O balón era esquivo e o equipo limitábase a defender. Os vermellos atacaban con certa constancia aínda que sen xerar ocasións claras de gol. Donde si semellaba o gol máis próximo era nas xogadas a balón parado. Cun gran tirador cada falta ou cada córner supoñía unha amenaza. Sem embargo con empate a 0 no marcador chegouse ó entrempo.
Na segunda metade seguiu o respetuo mutuo. Por momentos semellaba que ninguén quería a victoria. O balón pasaba a maior parte do tempo no centro do campo e as ocasións apenas apareceron na Veiga do Olmo. Houbo que chegar ós derradeiros cinco minutos para atopar algo de emoción. Nun córner ben sacado Manu non acertaba a rematar un bo centro por parte de Gabi. Aínda houbo outra máis clara cos mesmos protagonistas. Falta lateral sacada por Gabi que atopaba a Manu só no corazón da área. Ó ir a media altura o remate foi complicado e o balón marchouse pola liña de fondo.
O partido remataba e chegaba a lotería, a tanda de penaltis. Unha tanda na que a forte foi esquiva ó Castroverde marrando 3 dos 4 penaltis tirados. Marcos parou dous pero non foi suficiente para acadar a seguinte ronda.
A SD caeu na lotería dos penaltis. Aquí remata unha tempada completa acadando a permanencia con certa solvencia e chegando a cuartos de final da copa. Toca xa descansar para afrontar con enerxías renovadas a vindeira temporada.