O SD Castroverde conseguiu bater ó vixente campión de liga e un dos firmes candidatos a gañar a
Copa Deputación.
O partido antollábase complicado. En fronte un dos rivais máis duros da caterogoría. Os precedentes na liga e noutros anos na copa indicaban que unha derrota abultada sería o resultado. As opcións dos verdibrancos, inferiores sobre o papel, pasaban por unha defensa ben plantada. Como xa se viu durante a tempada, esta fórmula tende a dar os seus froitos ( 0-4 en Palas).
Na primeira metade o balón foi para os visitantes. O seu xogo normalmente básase en poucos toques e continuos cambios de orientación para aproveitar a velocidade dos seus interiores. Neste caso foi similar. Un tras outro buscaban a espalda dos laterais aínda que sen moito éxito. Conforme se acercaban a zonas perigosas, a defensa cortaba os ataques con certa solvencia. A pena era que os balóns roubados duraban pouco debido ó repliege de todo o equipo, o que dificultaba as saídas con velocidade. As combinacións morrían na adiantada defensa vermella. Visto que as diagonais non lles funcionaban optaron polo plan B, o balón parado. Córner tras córner levaban o perigo á portería defendida por un Marcos que retornaba á Veiga do Olmo logo duns meses lesionado.
Foron minutos de tensión para a SD. Nun deses córners, logo dun remate do Becerreá, Richard sacou o balón na mesma liña cando o gol parecía cantado. Lonxe de desanimar ó equipo, ésta ocasión salvada deulle máis forzas e conseguiron xerar ocasións de gol. A máis clara foi cando, logo dun gran pase do gemelo, Gabi regateou a un defensa e plantouse diante do arqueiro visitante. Buscou un tiro axustado ó pau esquerdo da portería, pero o balón non estaba pola labor de entrar e saíu pola liña de fondo polos pelos. Outra ocasión clara chegou nun lanzamento de falta do propio Gabi, que xogou un partido moi completo, pero estaba vez foi o mesmo pau o que rexeitou o disparo. Con empate sen goles chegouse ó entretempo. Os verdibrancos lograron manter a porta a cero no primeiro tempo.
A segunda metade encarouse co mesmo estilo de xogo. Un equipo replegado e velocidade na salida do balón. Os visitantes seguían coa posesión do balón pero cun menor control dela. O Castroverde comezou a ter máis o balón e a movelo con criterio. As chegadas con perigo eran dos locais, sen chegar a materializalas. O perigo levábano constantemente Carlos pola banda ou Gabi en punta por nombrar algún xa que todos rendiron a gran nivel. O ataque do Becerreá brillaba pola súa ausencia, non terminaban de entrar no partido. Cando mellor estaba a SD foi cando chegou o froito de ese esforzo. Nun córner sacado polo gemelo a defensa vermella non atina a despexar un balón que ía cerrado a baixa altura. Este balón atopouno Brais no corazón da área pequena e sen piedade inaugurou o marcador. Un gol de eses de estar ahí. O 1-0 do marcador era un resultado que reflexaba perfectamente o acontecido no campo.
O adestrador visitante moveu o banco e deu entrada a xogadores de refresco coa intención de meterlle unha marcha máis ó seu equipo, ó que o gol fixo moito dano. Os verdibrancos tamen meteron outra marcha máis en defensa. Cun gol que valía o seu peso en ouro, había que defender a morir. As acometidas do Becerreá eran constantes. Con combinacións por baixo, con bálóns en longo, con diagonais, a balón parado… Non había quen derrubara esa defensa que xa non eran futbolistas, parecían 11 espartanos. Houbo tamén tempo para a polémica. Os vermellos reclamaron varios penaltis aínda que o colexiado non viu penalti ningún. Desesperados acabaron con algún home menos froito das protestas. Cando parecía que o tempo non corría o colexiado pitou o final do encontro. Un pitido que mandaba ó Castroverde ós cuartos da Copa Deputación.
Victoria importantísma fronte un duro rival, sabendo sufrir e manexar o partido. En cuartos de final pelexaremos co Luis Pimentel por un posto nas semifinais. A cuestión agora é..
Hasta donde é capaz de chegar éste equipo?