Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

lajosa

O Castroverde pasa á seguinte ronda da Copa deputación con certa facilidade ante un rival de inferior categoría.

A tónica xeral do partido foi o dominio dos verdibrancos. No primeiro tempo ese dominio non se materializaba en ocasións. O Laxosa apenas chegou un par de veces á porteria defendida por Aitor mediante balón parado. O único gol dos primeiros 45 minutos chegou logo dun centro de Gelo que bateu no longueiro e que Mario mandou ó fondo das mallas. Co 0-1 rematou a primeira metade.

Logo do descanso entraron no terreo de xogo Richar e Gabi o que propiciou aínda máis dominio por parte da SD. O balón estaba seguido no campo local. Con rápidas combinacións as ocasións sucedíanse con certa facilidade.Un tras outro foron caendo os goles. Richard cun hack-trick e Carlos gemelo redondearon a goleada. 0-5 foi o resultado final.

Este domingo en oitavos de final toca un rival duro, o Becerreá,vixente campeón do grupo. Ó xogarse a partido único e na Veiga do Olmo esto pódelle dar un punto a favor á SD.