Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

antas

Derradeiro partido do ano e outra victoria para o peto. O SD Castroverde impúxose por 2 goles a 3 ó Antas nun partido de trámite no que ningún dos equipos se xogaba nada. Isto non impediu ver un encontro vistoso.

A primeira metade comezou co dominio do balón verdibranco na búsqueda dun ataque combinativo mentres os celestes basaban o seu xogo principalmente no desprazamento largo. O primeiro tramo do encontro foi igualado se ben as ocasións chegaban do lado visitante gañando a espalda da defensa constantemente. Nunha destas un bo balón de Richard atopou a Brais enfilando só a portería. Logo dun primeiro rexeite do porteiro, esta vez si o balón rematou entrando. O encontro poñíase de cara co 1-0. Os minutos seguintes a tónica do partido mantívose similar rozando o segundo tanto nun disparo que petou no pau. Cando semellaba que non habería cambios no marcador chegaría o empate local. Nunha falta moi dudosa sinalada polo colexiado o xogador celeste,cun preciso golpeo, sorteaba a barreira e conseguía a igualada. Non houbo tempo para máis.

O segundo tempo seguiu co mesmo guión e cun maior dominio do Castroverde. Os visitantes combinaban ben pero as ocasións non terminaban de chegar. Transcurrido o cuarto de hora nun ataque levado por Richard e Albino o balón caeu os pés dun servidor. Sen pensalo moito e coa portería na mente conseguín sacar un forte disparo e, porque non dicilo, imparable. Un deses goles que só se ven na televisón. Co 1-2 equipo replegou as liñas dándolle o balón a un Antas que se volcou no ataque. Gozaron de varias ocasións aínda que o empate non chegou ata o tramo final do encontro. Nun balón á espalda da defensa e logo dun rexeite o esférico caeulle ó dianteiro local que, a porta vacía, só tipo que empurralo. De novo empate no taboleiro. Cando semellaba que o gol non ía volver os locais concederon unha falta perigosa no borde da área. Logo dos intentos fallidos de Richard a balón parado, Albino colocou o esférico. Cun preciso golpeo éste aloxouse na escadra do primeiro pau, sorteando con facilidade a barreira. Calidade? Sorte? Aire? Deulle o sol ó porteiro? Un pouco de cada. Sen cambios chegaríase ó final.

Gran partido do Castroverde no que sempre foi por diante e conseguindo desta maneira unha moi boa cifra de puntos (41) que o sitúan na metade da táboa. Gran tempada dos da Veiga do Olmo que logo dun par de semanas voltarán á competición xa que chega unha nova edición da Copa Deputación.

Gol de Bruno


Gol de Albino