Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

paradela

O SD Castroverde amarrou a permanencia fronte a un rival directo como era o Paradela nun partido serio no que a victoria nunca peligrou e que pon 12 puntos de vantaxe co descenso directo con 4 xornadas por xogarse.

Se a fórmula funciona para qué cambiala. O plantexamento dos verdibrancos foi o mesmo das últimas xornadas, cunha defensa sólida e un ataque á contra mortal. O mando do partido na primeira parte foi dos locais monopolizando a posesión. A diferencia doutros encontros a defensa visitante apenas concedeu ocasións. Dónde chegou alguna foi no de sempre, nos balóns parados. Sendas faltas laterais non atoparon rematador sendo a máis clara un rexeite no corazón da área que Aitor solventou sen maiores problemas. Cando a SD recuperaba o balón trenzaba rápidamente xogadas de ataque. Entrando de segunda liña chegaron gran cantidade delas pero o colexiado empeñábase en ver fora de xogo na maioría. O fantasma do gol paseouse continuamente na área do Paradela nos primeiros 45 minutos. O pau rexeitou a ocasión máis clara logo dun remate cruzado de Marcos Gemelo previo regate ó porteiro. Unha ocasión de Gelo e outra máis de Quintas foron as máis destacadas antes de chegar ó entretempo.

Na segunda metade o partido seguiu pola mesma senda. Os locais adiantaron aínda máis a súa defensa e volcáronse na procura do gol inaugural. Mantendo o nivel da primeira metade o gol do Castroverde semellaba próximo. O equipo seguía defendendo de forma solvente e as contras sucedíanse. A banda esquerda era un furado. Quintas encheuse de correr balóns á espalda do lateral aínda que as xogadas morrían sen xerar perigo. Nunha xogada calcada á da primeira parte que rexeitou o pau, Marcos quedaba man a man co porteiro local, quedádose éste a media saída, o que propiciou unha fermosa vasela. 0-1 merecido para os verdibrancos. As únicas ocasións que xerou o Paradela foron de novo a balón parado, atopándose cun Aitor que quería volver a deixa-la porta a 0. Avanzada a segunda metade viñeron os cambios. O noso xogador máis exótico voltaba ós terreos de xogo. E de que maneira!! Logo dun erro do lateral esquerdo o balón chegoulle ós pés de Abel dentro da área. Cun forte disparo que petou no longueiro e con algo de fortuna chegaba o segundo da tarde. Partido cerrado e permanencia no peto.

O Castroverde volveu gañar cando máis o necesitaba e amarra a permanencia na Segunda Autonómica outro ano máis. Esta xornada recibimos ó Calasancio co obxetivo de seguir sumando e manter a boa xeira ante un rival que tentará puntuar para saír dos postos de descenso nos que está inmerso.