Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

brollon

O SD Castroverde caeu por cero goles a dous na visita á Veiga do Olmo dun dos candidatos ó ascenso, o Brollón, nun encontro no que o sol e o mal estado do campo foron os protagonistas.

O plantexamento dos locais foi semellante ó que a semana pasada permitiu golear en Palas. A defensa replegada e o balón para o rival. A premisa era aguantar ata o descanso sen goles encaixados. O peso do encontro levárono os visitantes. A pesar do dominio non conseguían xerar claras ocasións de gol. O perigo chegaba en saques de banda co lateral colgando balóns en busca de superioridade por alto. Nunha destas ocasións o balón foi rexeitado pola defensa quedando o morto na área. O rexeite aproveitouno un xogador rival que, con certa fortuna no disparo, conseguiu inaugurar o marcador. O ataque da SD estuvo ausente na primera metade agás un man a man de Iago que atrapou o porteiro sen problemas e outro tiro de Javi nun rexeite dun córner. Coa vantaxe visitante pola mínima chegouse ó descanso.

Na segunda metade cambiou o guión. O Castroverde volcouse no ataque aproveitando que aínda quedaba gasolina. Nos primeiros minutos gozou de varias ocasións. A máis clara foi un disparo de Richard que petou no longueiro. Os visitantes daban por bo o 0-1 e replegaron o equipo tentando matar o encontro ó contragolpe. Os locais seguían na procura do empate pero non conseguían xerar moito perigo. Cando o gol parecía máis próximo chegaría o segundo do Brollón. Nunha contra o balón chegou ós pes do dianteiro. Cun bon movemento regateou ó porteiro e perforou a porteria local. Demasiado castigo para uns verdibrancos que minutos despois gozaron doutra gran ocasión para estrenarse no encontro, pero o tiro marchouse cruzado pola liña de fondo. Sen novedades chegouse ó final.

O Castroverde non conseguiu acadar a segunda victoria consecutiva e manter a melloría mostrada na xornada anterior. A próxima xornada visitamos ó Paradela nun partido importantísimo para amarrar a permanencia ante un rival directo que se aproxima na táboa.

Fdo. Bruno