Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

palas

Victoria, e de qué maneira, da SD Castroverde na súa visita ó campo dun dos candidatos óascenso, mostrando solidez defensiva e un gran atino de cara ó gol.

O partido tivo unha tónica clara. A posesión foi para os locais pero o dominio do partido levárono os visitantes. Na primeira metade os verdibrancos renunciaron en parte ó balón e xogaron repregados. O ataque do Palas pasaba por diagonais e balóns longos ós seus interiores que confiaban na súa velocidade para xerar perigo con centros á área. Ante unha defensa ben plantada os intentos locais eran rexeitados con solvencia. Dónde a SD era (e segue sendo) máis sensible é nos balóns aéreos. En sendos córners chegaron as ocasións máis claras, sacando Quintas coa cabeza na mesma liña de gol un balón que ía dentro. No aspecto ofensivo o xogo foi directo, sen complicacións, buscando a espalda dos lentos centrais do Palas e tentando aproveitar a velocidade de Gelo. Apenas se crearon ocasións salvo nun par de disparos lonxanos. Sen goles chegouse ó entretempo.

A seguna metade seguiu co dominio da posesión local pero sen conseguir xerar moito perigo. Os visitantes, sabedores da importancia do partido, mantiveron a concentración defensiva, pilar clave no que se apoiaban gran parte das opcións de gañar o partido. Cun Palas volcado no ataque apareceu a pólvora verdibranca. A premisa era clara: presión, roubo de balón e contragolpes rápidos. Dito e feito. Logo de fallar un man a man, Richard gozou doutra situación idéntica na que non perdoou. Cunha boa vasela bateu ó arqueiro local. Gol importantísimo. Co resultado a favor a intensidade defensiva aínda mellorou máis, propiciando máis contragolpes perigosos. Sen embargo o segundo gol non chegaría por baixo. Nun córner ben sacado Manu non acertaba a rematar e logo dun rexeite chegaba a Javi. Cun gran golpeo chegaba o 0-2.A cada gol que se anotaba o Castroverde metíase máis no partido. Cun Palas perdido e sen ideas a fórmula seguía funcionando. En sendos contragolpes chegaron o terceiro e o cuarto case de forma consecutiva. Gelo e Iago foron os encargados de cerralo partido. Os celestes tentaron o gol da honra, pero non era o día. A SD conseguía manter a portería a cero moitas xornadas despois. Co 0-4 rematou o encontro.

Volta á senda da victoria da mellor maneira posible, cunha goleada fóra de casa e ante un correoso rival. Éste e o Castroverde que todos queremos ver no campo. Este domingo recibimos a outro candidato ó ascenso que ven de perder estrepitosamente ante o Portomarín. Mantendo este nivel podemos ganarlle a calquera.

Fdo. Bruno