Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

chantada-b

O día non foi propicio para a SD Castroverde, que loitou contra un rival pechado atrás e unha expulsión de chiste na tarde do domingo.

A primeira parte comezou cos locais levando o ritmo do xogo, sen demasiado tino polas dúas partes pero sen problemas atrás. Pero no 21, unha internada pola dereita con pase atrás para que Adrián remate a pracer supoñía o un a cero. Ó pouco, nunha falta moi discutible preto do córner, o árbitro decidiu expulsar a Brais con vermello directo por protestar, sen que en ningús momento se insultase ó colexiado. A partires dese momento, o Chantada B puxo defensa de cinco e a SD fíxose co balón. Nunha xogada posterior, Gelo é derrubado por detrás cando encaraba só ó porteiro, xogada que se saldou sen cartón para o defensa, e o saque da mesma sen perigo para o rival. Aínda dispuxo Gelo dun bo balón, pero o porteiro desviou a córner.

No segundo tempo non cambiaron as cousas. Os locais mandaban e os visitantes defendíanse e tentaban saír á contra, ademáis de perder tempo na menor ocasión. O único perigo chegaba en faltas lonxanas en busca dun rematador que non apareceu. E nesto que noutra xogada case que calcada, pero pola outra banda, chega o segundo. De novo un remate a pracer e os xogadores da SD que baixaban os brazos, vendo que todo estaba en contra na tarde fría do domingo.

Xa toca pensar no Monterroso, próximo rival dos verdibrancos, e loitar por un bo resultado que demostre a calidade do equipo.