A SD Castroverde foi goleado na súa visita ó Guntín deixando unha pobre imaxe.
Os verdibrancos chegaron ó encontro con numerosas baixas e únicamente 13 xogadores. O estado do terreo de xogo foi lamentable. Un gran barrizal no que se antoxaba difícil xogar ó fútbol. Irónicamente o primeiro gol chegou nunha xogada de toque. Logo dunha boa combinación Gelo mandou o balón a escadra cun bo golpeo. Os visitantes adiantáronse no marcador, ledicia que pouco duraría. En dúas xogadas calcadas, con balóns á espalda da defensa, os locais conseguían a igualada con dous tantos a porta vacía. Nun abrir e pechar de ollos cambiou o partido. O dominio foi maioirmente do Guntín que antes de chegar o descanso aumentaría a súa renda nunha xogada na que, con certa fortuna, o balón petou no pau e caeulle ós pés a David, que só tivo que empurralo. Co 3-1 finalizou o primeiro tempo.
Na segunda metade seguiu o dominio local. Entremedias a SD andaba na procura dun gol que os metera no partido. O perigo levárono a balón parado gozando de varias ocasións na que o balón non quixo entrar. Cun equipo volcado no ataque, o Guntín buscou matar o partido á contra. Sen embargo o gol chegou a balón parado,logo dun rexeite nun córner que a defensa non foi quen de despexar. Minutos despois chegaría o quinto nunha contra. Co 5-1 o partido non tivo máis historia.
Derrota dolorosa frente a un rival da zona baixa. Esta xornada o equipo recibe a visita do Chantada B, situado 1 punto por debaixo, coa esperezanza de deixar os 3 puntos na Veiga do Olmo.