Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

arenas

A SD Castroverde voltou á senda da victoria logo de vencer pola mínima ó Arenas e continúa na zona media da táboa.

Sabedores da importancia dos tres puntos os visitantes saíron fortes dende o pitido inicial e non tardaron en facerse co dominio do encontro comandados por un gran Albino. A posesión do esférico era súa pero non chegaban as ocasións, faltaba o ultimo pase. Os locais non eran quen de acercarse á portería defendida por Aitor. O único perigo que xeraban era con tiros lonxanos e contínuos desprazamentos en longo dos centrais, que morrían nunha defensa ben plantada. Pasada a media hora chegaron as ocasións máis claras. Iago, logo dunha boa xogada por banda, sacou un forte disparo que se perdeu porriba dos tres paus. Minutos depois, nun balón á espalda da defensa, Marcos atopuose nun man a man có porteiro, ó que tentou batir cun tiro cruzado. O balón pasou lamendo o pau. Co 0-0 incial chegouse ó descanso.

A segunda metade seguiu a mesma tónica. Os verdibrancos eran superiores e o gol semellaba próximo. Co que non contaban era coa boa actuación do porteriro local. As ocasións sucedíanse, cada unha máis clara que a anterior. De tiro lonxano, a balón parado, varios man a man… O balón non quería entrar. Entremedias chegaron varios cambios cos que se mantivo o dominio visitante. Cando o partido semellaba que ía rematar sen goles chegou a xogada clave. Richard rouba e asiste a Marcos quen, ante a saída do arqueiro, lanza unha fermosa vaselina. A SD perforaba a porteria local no derradeiro minuto do tempo reglamentario. Non houbo tempo para máis.

O Castroverde pon fin á mala xeira de resultados cunha importante victoria nun campo difícil. Este Sábado toca visita a Guntín na procura doutros tres puntos que marquen as aspiracións dos verdibrancos na liga.