O SD Castroverde sucumbiu por 2-3 perante un Portomarín que, pese a terminar con tres xogadores menos, logrou darlle a volta ó partido.
A primeira metade comezou co dominio do equipo local. Mantendo a posesión conseguía chegar con facilidade á meta visitante aínda que sen xerar ocasións claras de gol. Esto durou o que tardaron en atopar a Carlos. Unha internada súa pola banda combinando con Gelo finalizou cun forte tiro que o arqueiro non foi quen de rexeitar. A SD inauguraba o marcador cando mellor xogaba. No aspecto defensivo o equipo mostrouse seguro, sen conceder ocasións claras e mantendo ó Portomarín lonxe da meta defendida por Javi, que se estrenaba como porteiro ante as baixas locais e que tuvo unha boa actuación. Sen cambios chegouse ó descanso con ventaxa pola mínima.
Na segunda metade os locais, sabedores da importancia dos 3 puntos, mantiveron o ritmo e o bo xogo. Non ían nin 10 minutos cando caía o segundo da tarde. Gabi recibíu un saque de banda e, unha vez localizou a válvula do balón, sacou un disparo imparable. Co 2-0 o partido semellaba dominado. Entremedias o Portomarín quedou con dous xogadores menos por protestas ó colexiado, co que acabaron descontentos. Mediada a segunda parte chegaron os cambios e o equipo buscou un xogo máis conservador. Os visitantes, sen nada que perder, viñéronse arriba. Cunha maior intensidade fixéronse donos da posesión. Con pouco xeraban ocasións de gol ante a pasibidade dos locais. Os goles non tardaron en chegar. O primeiro en xogada individual e segundo nun tiro cruzado, ante os que nada puido facer Javi. No seguintes minutos o Castroverde foi a polo terceiro tanto gozando dun par de ocasións clarísimas que non quixeron entrar. Cando o partido morría chegou a xogada do partido. Logo dun rexeite no centro do campo, un xogador visitante tirou dende 50 metros e, con certa fortuna, o esférico entrou na portería. Co 2-3 non houbo tempo para máis.
Partido no que se viron as dúas caras dun Castroverde que non consegue retornar á senda da victoria. Este Domingo visita a Monforte, ante o colista, na busca de 3 puntos que terminen coa mala xeira de resultados.
Fdo Bruno