Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

sdcastroverde-friol

O Castroverde non puido aumentar a racha de resultados positivos logo de perder perante o Friol na tarde fría do domingo na Veiga do Olmo

O partido foi malo, sen un dominador claro do xogo. Foron os visitantes os que levaron o perigo á meta rival, e mandaron un balón ó longueiro, ademais de ter dous man a man que non souberon resolver en gol.

A segunda parte foi máis disputada, e o Castroverde dispuxo de ocasións, como unha falta de Bruno que atallou con moitos problemas o porteiro. Tamén se protestou moito un penalti claro a Marcos Geme que o árbitro non quixo ver. A ocasión máis clara para a SD foi tamén de Marcos, pero o seu remate de volea iba moi centrado e foi detido polo gardamallas, que tivo unha boa actuación no partido. Aitor tampouco se quedou atrás, salvando o gol cantado en varias ocasións, incluso nalgún man a man. Pero non se pode atallar todo, e nunha contra o dianteiro do Friol dispara dende lonxe e marca nunha bonita vaselina, imposible para o porteiro.

Unha pena esta derrota, xa que estaba moi cerca a posibilidade de meterse nos postos altos da clasificación, e dexar atrás a sombra do descenso que foi a loita nos últimos anos do equipo. A semana que ven visitamos Becerreá, o que se prevé como a visita máis complicada desta segunda volta.