O Castroverde segue en racha. Cuarta victoria consecutiva e quinta xornada sen perder, o que lle permite achegarse á zona alta da táboa e situarse a tan só 5 puntos do líder antes do parón.
O equipo chegaba ó encontro con varias baixas e unicamente 13 xogadores. Enfronte un rival forte que viña de empatar co Portomarín na xornada anterior. O partido comezou con moita intensidade. Ós 5 minutos o marcador xa era de empate a un gol. O Antas adiantouse primeiro cun tiro axustado pero a SD igualou por medio de Marcos Veiga nunha internada de Gelo. O dominio era dos visitantes, que gozaban de ocasións claras aínda que sen moito éxito. Froito deste dominio anotaron por segunda vez. Xurxo, cun bon disparo, poñía o balón na escadra sen que Aitor puidera facer nada. Pero cando semellaba que o resultado non se movería ata o descanso os locais acadaban a igualada no minuto 44. Carlos de xogada individual sacou un bo disparo que,con certa colaboración do porteiro visitante,entrou no fondo das redes. Con empate a 2 goles chegouse ó descanso.
Na segunda metade o dominio cambiou de mans. Os locais tomaron o mando do partido e as ocasións de gol sucedíanse. Os visitantes defendíanse como podían. Con este panorama o normal era que o gol non se demorara moito, e así foi. En torno ó minuto 50 unha boa combinación entre Gelo e Marcos Veiga remataba con este último só e enfilando portería, situación na que non sole fallar. Cunha boa definición anotaba o terceiro (segundo na súa conta particular). Despois deste gol o equipo relaxouse, feito que aproveitou o Antas para buscar a igualada. Crearon perigon con tiros lonxanos pero a defensa rexeitounos con solvencia. Os locais, sabedores de que a renta dun gol era perigosa, buscaron con insistencia o cuarto. Éste non chegaría ata o minuto 79. Un bo pase á espalda da adiantada defensa visitante volvía a deixar a Marcos Veiga só ante o porteiro, ó que batiu cunha fermosa vaselina. Hack-trick que pechaba o encontro e deixaba os tres puntos na Veiga do Olmo.
A Segunda Rexional descansa ata o 12 de Xaneiro, día no que o Castroverde recibirá a un Friol que se mantén no alto da táboa. Esperemos que o parón non afecte ó bo rendemento do equipo e á boa xeira de resultados.
¡Bo nadal!
Fdo. Bruno