Nova vitoria da SD na súa visita ó Sangoñedo perante o Chantada Atlético, confirmando o bo momento de xogo e resultados do equipo na recta final da primeira volta.
A primeira parte foi de dominio visitante, onde os Gemelos impuxeron o ritmo do xogo e Marcos e Gelo as ocasións. Nun balón largo á banda dos locais, o interior controla, regatea dous rivais e, dende a frontal, dispara forte e raso ó pau corto, marcando o primeiro do Chantada. Este gol non desmoralizou á SD, que seguiu loitando ata que nun saque de esquina o balón acabou entrando na meta rival.
Na segunda parte o Chantada fixo algunhas ocasións, pero a SD seguía mantendo o balón, e lograba aumentar a diferencia en xogadas de toque, primeiro foi Gelo e máis tarde Marcos Veiga os goleadores, aínda que poideron ser máis, xa que o porteiro local foi expulsado logo dun penalti claro a Marcos Gemelo, pero o suplente paroulle a pena máxima a Albino. A partires do terceiro gol e con dez xogadores, os locais tomaron o mando do xogo e lograron marcar nunha xogada por banda con centro e remate na área pequena. Pero a SD defendeu o resultado ata o final, e levouse os puntos que o situan nunha posición favorable na clasificación, que recorda ós mellores anos do equipo e que facía tempo que non se daba.