Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O Castroverde acada a segunda victoria consecutiva ante un Santa Comba que vendeu cara a derrota, nun partido onde o fútbol non foi o protagonista.

Durante todo o encontro reinou a igualdade. Os locais intentaban combinar e ter o balón mentres que os visitantes todo o contrario, xogo directo e aproveitar a súa superioridade nas xogadas a balón parado. As súas ocasións máis claras chegarían sen embargo en xogadas por banda: un centro envenenado que batiu no longueiro e un rexeite que Aitor conseguiu neutralizar. Pero foi a SD quen inaugurou o marcador. Nunha combinación na frontal da área o balón chegou a Gelo que, con certa fortuna no disparo, enviaba o balón ó fondo das mallas. Pouco durou a alegría. Nun saque longo de banda os verdibrancos non conseguen rexeitar e o balón chega a Iván. Cun bo movemento arma a perna e bate de tiro cruzado ó arqueiro local. Con empate chegouse ó descanso.

Na segunda metade continuou a igualdade. O Santa Comba únicamente creaba certo perigo con lorchas que a defensa despexaba con máis ou menos acerto. Os locais concederon demasiados córners aínda sabendo as dificultades para defendelos. Nun deles chegou a ocasión do partido. O dianteiro visitante enganchou un forte remate que petou na mesma escadra e saíu rexeitado. Esto parece que espertou ó Castroverde, que deu un paso arriba e comezou a xerar ocasións. Esta insistencia deu os seus froitos. Irónicamente o gol da victoria veu nunha xogada a balón parado. Córner sacado ó segundo pau que Brais consegue deixar de cara para que Albino, cun espectacular remate de bolea, perforara a portería visitante. Un remate que recordou a un tal Zidane alá polo ano 2002. A SD poñíase por diante. Tocaba defender o resultado. Neste tramo do partido Aitor resultou decisivo coas súas saídas. Fíxose dono do espacio aéreo verdibranco e despexou unha e outra vez os balóns colgados. Sen cambios no marcador chegaríase ó final do encontro.

Victoria importante que permite ó Castroverde manterse na metade da táboa con 19 puntos e, porque non, comezar a mirar hacia arriba.