Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Castroverde e Paradela empataron a dous goles nun partido no que a tónica foi a igualdade.

O partido comezaba con dominio local, combinando con acerto aínda que levando pouco perigo á
meta visitante. O Paradela defendíase ben e tentaba saír a contra ou por medio de balóns
longos do gardamallas. Transcorridos os 20 primeiros minutos un destes saques colleu descolocada
á defensa local, que non acertou a despexalo. O dianteiro atopouse cunha situación inmellorable:
man a man co porteiro. Non perdoou e batiuno por baixo. Era o 1-0. A partir deste gol o
Paradela comezou a dominar o encontro,gozando de varias ocasións, pero o marcador non se movería
ata o descanso.

Na segunda metade seguiu o dominio vistitante. A SD buscaba a igualada e, non só non a
conseguía, senón que encaixaba o segundo da tarde. Balón á espalda da defensa, Jose recólleo
e, con certa facilidade, desfaise de dous xogadores verdibrancos e bate por baixo a Marcos.
2-0 e sen sinais de remontada. O adestrador do Paradela realizou varios cambios no seu 11 e
o equipo deu un paso atrás cun xogo máis conservador. O Castroverde comezou entón a crear as
ocasións que necesitaba, algunhas delas moi claras. Unha e outra vez chegaba ás inmediacións
da porteria rival pero non conseguía anotar. Houbo que esperar ata o minuto 71. Córner cerrado
que a defensa non logra rexeitar e que aproveita Carlos para, cun forte disparo, inaugurar o
marcador local. Aínda restaban 20 minutos para buscar a igualada. Ésta chegaría no minuto 81.
Un saque rápido dunha falta deixaba a Marcos man a man co porteiro. Tiro cruzado e segundo da
tarde. Coa SD volcada no ataque o partido chegou ó seu fin sen que puidera remontar e levarse
os tres puntos.

O Castroverde volve a puntuar logo de dúas xornadas sen facelo. Toca visita a Monforte ante
un duro rival, donde esperemos que só xoguen 11.

Fdo Bruno