Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O Brollón impúxose por un gol a cero ó Castroverde nunha tarde chuviosa nos Medos.

O partido estivo condicionado polo mal tempo e o mal estado do terreo de xogo. A SD comezaba dominando. Sacaba o balón xogado desde atrás e combinando conseguía chegar
a 3/4 de campo, donde lle faltaba o máis importante, crear as ocasións. Froito dun destes
acercamentos chegou a xogada clave: Gelo presiona ó porteiro que, nunha acción fortuita
ó coller o esférico, leva por diante ó dianteiro albivermello. Penalti claro. Pero como
parece ser tradición neste equipo, o penalti non quixo entrar. Os visitantes perderon
unha boísima ocasión para poñerse por diante no marcador. Este fallo deu alas ós locais.
Comezaron a apretar con balóns longos á espalda da defensa e con xogadas a balón parado.
Nunha destas conseguiron anotar: Centro lonxano que un dos locais remata dentro da área
sen apenas oposición. 1-0 e tocaba remontar outra vez. Así se chegou ó descanso.

Na segunda parte o Castroverde, sabedor da importancia dos 3 puntos, intentou dar un paso
arriba. Ós locais daban síntomas de cansancio, erraban pases sinxelos… A SD contou neste
tramo do encontro coas ocasións máis claras. Carlos tiraba do equipo con internadas pola
banda aínda que sen sorte ó encontrar rematador. Nunha boa xogada pola banda o balón chegou
a Gelo que, cun bon remate axustado, facía lucirse ó arqueiro que sacaba un gol cantado.
Os visitantes seguiron intentando sen moito éxito. O Brollón defendíase ben e saía rápido
á contra, gozando de dúas ocasíons clarísimas para pechar o partido. Tanto Marcos como Aitor
fixeron intervencións de mérito. Así, sen cambios, chegouse ó final do encontro.

Derrota pola mínima outra xornada. A SD deu boa imaxen e síntomas de mellora no xogo,
pero non foi suficiente para puntuar. Esta semana recibe ó Paradela e tentará volver á
senda da victoria.