O Castroverde non foi quen de marcar perante o Palas, que levou o tempo do partido e mantivo unha boa defensa ó longo do encontro.
Na primeira parte o Palas foi o dono do balón, creando moito perigo a balón parado e mantendo á SD no seu campo a maior parte do tempo. O gol chegou nun remate dende a frontal da área imposible para o porteiro, pegadiña ó seu pau dereito.
Na segunda metade abriuse máis o partido. O Castroverde xogaba con velocidade, tentando sorprender ó rival, e consegui chegar con perigo algunha vez, pero sen ocasións realmente claras para marcar. Pola suá banda, o Palas tivo as súas a balón parado, pero tampouco atinou a marcar máis goles, así que ó final 3 puntos merecidos para os visitantes e a SD que comeza a mirar para metade baixa da táboa de clasificación, e máis tendo en conta os próximos enfrontamentos