Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A SD Castroverde caeu por 2-1 na visita do Monterroso á Veiga do Olmo.

O partido comezou igualado, con dominio alterno da pelota e ocasións para ambos
equipos. Foron os visititantes os que se adiantaban no marcador nunha xogada a
balón parado. Un rexeite nun córner que os locais non deron despexado chegou ós
pés dun rival que, dentro da área, non perdoa e mándao ó interior das mallas.
Pero a SD non se rendiu. Logo dunhas ocasións erradas, Marcos ganoulle as espaldas
á defensa e asistiu a Iago para que empatara o encontro. Con 1-1 chegouse ó
descanso.

Na segunda parte o Monterroso fíxose dono da posesión e a SD limitouse a tentar de
saír á contra. As ocasións visitantes sucedíanse, pero os locais defendíanse como
podían. Nunha destas xogadas, logo dun rexeite na defensa, o balón chégoulle ó dianteiro que non perdoou no man a man e batiu ó cancerbeiro cun tiro cruzado. Era o 1-2. Os verdibrancos tentaron sen éxito igualar o encontro, no que foi unha mala segunda parte.

Esta semana o equipo desprázase a Ferreira na búsqueda de 3 puntos importantes que
determinarán as aspiracións da SD na liga.

Bruno