Importante a vitoria acadada o pasado domingo en Portomarín perante un rival directo
Na primeira parte os dous equipos querían o balón e tentaban combinar, aínda que sen tino en moitos momentos do xogo. Pero os visitantes eran os que xeraban ocasións claras, como Gelo pola esquerda que non atopa rematador, ou Gemelo pola mesma banda que se marcha dos contrarios pero non da finalizado. Tamén Marcos Quintas sobrepasaba ó lateral en velocidade e traía o perigo á meta local.
O partido rompeuse na segunda parte. O Castroverde defendíase e saía ás contras, con velocidade e determinación. Nunha desas xogadas, Quintas vaise pola banda e o centro raso rebota nun central e convírtese e gol. O resto do partido foi do Portomarín, que primeiro mandou un tiro ó pau do seu capitán, e máis adiante un centro que bota e case entra pola escadra. E nos últimos momentos, Alberto rouba, pase a Mario que mete para Abel e no man a man non perdoa
0 – 2 para a SD que colle folgos para recibir ó Arenas, que é outro dos rivais directos na categoría