Bo partido o disputado na tarde soleada do domingo na Veiga do Olmo. Lástima que o resultado sexa tan negativo para a SD
A primeira parte destacou polo ataque nos dous equipos. Tanto a SD Becerreá como a SD Castroverde querían o balón, e trataban de combinar rápido ou en longo para conseguir o desexado gol. Marcos tivo unha gran oportudidade ó roubar o balón a un defensa, e conseguir regatear e loitar pola posesión perante varios rivais, pero o disparo final rozou a base do pau. O Becerreá si que conseguiu o seu gol nunha gran xogada pola banda que acaba cun remate incontestable de Alberto. Os locais seguíano a intentar, e unha boa xogada pola esquerda de Guti con pase atrás que remata forzado Brais co porteiro batido vaise fóra por pouco. Pero nunha das últimas ocasións, Bruno saca un corner directo que o gardamallas non é capaz de rexeitar. 1 – 1 ó descanso que non reflexa as ocasións erradas.
A segunda metade deu paso a un Becerreá más fresco, que con cinco xogadores de refresco dispoñibles impuxo o ritmo do partido, afogando a saída do balón e dispoñendo de moitas ocasións para marcar. A única opción clara para o Castroverde foi un balón longo para Iago que se vai do porteiro pero non consigue unha boa posición de tiro, que se vai desviado á dereita. Pola contra, o Becerreá marcou o segundo, nun saque rápido do porteiro, prolongación e o dianteiro que se planta diante de Aitor, e marca. Dominio total dos visitantes ata o remate do partido, que marcarou en dúas ocasións máis, pero puideron ser máis de no ser pola gran actuación de Aitor desbotando algún man a man e remates francos.
O próximo partido é en Portomarín, onde o Castroverde necesita puntos perante un rival directo na pelexa pola permanencia