Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

jornada1

A SD comezou unha nova tempada na Segunda Autonómica, nesta ocasión no campo de A Reigosa, en Friol

A primeira parte foi de dominio local, e o Castroverde limitouse a esperar atrás e saír á contra con balóns de Bruno cara a Marcos Quintas e Guti. Todo indicaba que iba a ser un partido de poucos goles, pero no minuto 11 Alberto marca para os locais, nunha xogada por banda dereita e centro raso ó segundo pao. Un gol tan tempraneiro parecía que iba estropear o plantexamento visitante, pero nunha recuperación de balón no medio campo, Iago viu ó porteiro local adiantado e disparou dende 40 metros para introducir o balón na rede por alto. Gracias ó gol, a SD puido recuperar folgos e reafirmar o seu traballo defensivo e esperar outra oportunidade para marcar. Xa preto do final do primeiro tempo, un despexe visitante foi recollido polos locais, e nunha xogada de rebotes dentro da área o balón foi rematado dende o chan e entrou chorando na meta da SD. 2 – 1 ó descanso.

A segunda parte foi unha festa de oportinidades para os dous equipos, con remates de cabeza na área pequena, rebotes e paus nas dúas porterías. O Friol bateu tres veces contra os paus, en sendos remates dentro da área que podían finiquitar o partido. A SD tamén tivo as súas oportudidades, e incluso se reclamou gol nunha falta botada por Brais que toca no longueiro e bota dentro da porteria para logo saír e ser atallada polo gardamallas, pero o árbitro non o viu así. Brais tamén tivo un man a man, pero o porteiro estivo áxil e despexou a corner. Bruno intentouno cun corner olímpico, pero atopouse co pau. Foi Guti o que consegui marcar no 86, nun tiro raso á esquerda dentro da área, imposible de parar e que poñía o partido de cara para os visitantes. Aínda houbo tempo para que Guti tivera outra gran oportunidade, pero a vasela que tentou marchou alta.

En resume, foi un partido moi aberto, que comezou pausado pero que na segunda parte foi entretido para o público e os xogadores, aínda que os dous equipos non quedaron agusto co empate. Na próxima xornada visítanos o Becerreá, que gañou 4-1 na súa estrea perante o Portomarín