Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde sucumbiu perante o líder e campión de liga a Sarriana, nun dramático encontro por un gol a dous, onde os locais se xogaban a vida na procura de acada-la permanencia na categoría e que rematou con moita polémica pola lamentable actuación arbitral.

O xogo comezou con dominio visitante perante uns locais que agardaban en medio campo na procura dunha contra pero nin un nin outro equipo xeraban excesivo perigo ata que no minuto dez a Sarriana se puña por diante logo de aproveitar un rexeite dentro do área. Isto caeu como un xarro de auga fría nos locais que nenvargantes, como eran conscientes da importancia dos tres puntos lanzáronse na procura do empate no taboleiro e pronto o acadaron grazas a un gran disparo de Carlos dende a frontal do área.

Co empate chegaron os mellores momentos locais que comezaron a xerar perigo perante a meta rival e a forzar numerosos corners, pero por desgraza sen excesivo tino á hora de perforar a meta rival e noutros casos por culpa do colexiado que non tivo unha tarde excesivamente atinada e ó longo de todo o encontro se lle recramaron numerosas xogadas polémicas que sempre se resolveron en contra dos intereses do Castroverde. A máis crara posiblemente fora na primeira metade cando o gardameta local aproveitando que tiña o aire a favor fixo un saque moi longo que sorprendeu á defensa visitante e cando Marcos tiña a posición gañada dentro do área e se dispuña a rematar o defensa forasteiro despexou o esférico craramente coa man sen que o árbitro sinalara nada punible.

Na segunda metade o Castroverde sufriu ó ter o aire en contra e a Sarriana pasou a dominar máis craramente o encontro pero sen xerar excesivas xogadas de perigo ata que chegou a xogada que puxo fin ós soños verdibrancos no minuto trinta.

A Sarriana botou unha falta no medio campo rápidamente sen que a defensa local estivera atenta e o dianteiro visitante encarou o gardamallas pero en vez de rematar a porta, cedeulle o esférico a un compañeiro que chegaba no segundo pau e que marcou sen apenas oposición. Dende ese intre o Castroverde lanzouse con máis corazon que cabeza e con moitos nervos e precipitación ó ataque pero o colexiado rematou por desquiziar definitivamente ós xogadores locais e o encontro rematou con vitoria visitante que deixa ó Castroverde nunha dificil situación para acadar a permanencia na categoría.