Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Nova victoria na casa da SD, diante do calasancio, nun domingo con moito frío e goles.

O partido comezou con dominio visitante, e con unha falta lexana que remata no poste dun correcto Pombo. Era un aviso das instencións visitantes, pero na seguinte xogada o porteiro visitante, na súa intención de introducir o balón na área, viuse sorprendido por un incisivo Gelo que adiantaba a SD os cinco minutos. O partido seguía aburrido, e sen ocasións claras, hasta que outra bo combinación a remata Marcos Gemelo cun disparo imparable. Así no minuto 15, a sd dominaba por un claro dous a cero, diante dun inoperante Calansacio.

Na reanudación todo facía indicar que o partido seguiría polos mesmos derroteiros, que na primeira, un blando calasancio, e un equipo local esperando a súa oportunidade. Pero non foi así, e en cinco minutos de locura víronse tres goles. O primeiro do calasancio, a balón parado, a única arma que presentaron hoxe na veiga do olmo, e na xogada seguinte, expulsión do seu lateral, e a continuación o terceiro da SD, gol de brais. Un gol que sae do saque de falta e que Gelo pon de maneira implecable. Parecía que se volvía a calmar o partido, pero pouco despois de novo o calasancio noutro balón parado facía o tres a dous.

de vinte minutos para o final, que foron, a pesar de estar en superioridade, bastante sufridos, polo xogo directo que plantexaba o rival. Pero o marcador xa non se movería, e o Castroverde consigue tres puntos de ouro para seguir na loita por saír dos postos de descenso.

Gran victoria diante dun floxo calasancio que non nos recordou en nada a aquel equipo que ascendeu a segunda rexional coa SD, ou aquel que subiui a primeriza rexional fai poucas temporadas. Agora toca o Chantada, que nos porá as cousas moi complicadas para levarnos os tres puntos do sangoñedo.

MVP

3 Puntos – Gelo. Gol e participación activa nos demais goles.

2 Puntos – Gemelo. Gol, e grandes xogadas. Combinou perfectamente e deu equilibrio.

1 Punto – Brais. Gol e ganas. Templou o partido nos últimos minutos.