Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Segunda victoria consecutiva nun gran partido da SD, desta volta na Reigosa, diante do Friol por dous goles a cero.

O partido comenzou cun típico tanteo de forzas, con chegadas sen apenas perigo por parte de ambos conxuntos. No minuto 10 unha desas chegadas sen aparente perigo Gelo transformao nun meritorio Gol batendo por riba ao porteiro local. Cero a Un e partido encarrilado cara a victoria. No 30, Gelo perdoa o 0 a 2 nun man a man, que intenta rematar co exterior, pero unha boa parada impide o segundo. Nada puido facer ao borde do descanso, cando recibe un balón e nun balón axustado ao pao marca o segundo do partido e da súa conta particular.

A segunda sobrou no guión do partido, seno un querer e non poder do friol, donde so creou peligro no último cuarto de hora con balóns colgados a área, que a defensa solventou con excelente criterio. Abel, Gelo, Richard, Carlos ou Brais puideron amplicar a conta na contra, pero o marcador non se moveu.

Espera o Antas, un rival directo, que tamén leva unha boa xeira, e que seguro poñerá as cousas moi complicadas na veiga do olmo.

MVP

3 puntos: Gelo

2 puntos: Javier

1 punto: Albino