Gran victoria a acadada este pasado sábado da SD diante dun dos favoritos neste momento o ascenso de categoría, o Sagrado Corazón, por un meritorio 4-1.
Nunha primeira parte de tanteo e xogo de tu a tu, con adaptación ao campo incluída, poucas ocasión se puideron, unicamente unha por parte de cada equipo.
Na segunda o partido cambiou gracias a Carlos, que anota nun mal entendemento entre o defensa e porteiros visitantes. Os cinco minutos Richard confirma cun bon gol a ventaxa por dous goles. O terceiro pouco tarda en chegar, polo bon facer de Gelo, aguantando o balón, e deixando de novo en franquicia para que Richard anote o segundo da súa conta, e o terceiro.
O sagrado víase superado en tódalas líneas, pero nunha das súas únicas ocasións do partido un centro ao segundo pau reducen distancias. Despois dese gol seguiu dominando pero sin grandes alardes e menos pegada. Cousa que aproveitou Albino, despois dun rechace no saque de esquina para batir por arriba, e anotar o cuarto de definitivo gol da tarde.
Os cambios sucederonse deixando morrer o partido, deixando claro o que este equipo é capaz de facer, con ganas e traballo.
O Friol espera ne Reigosa, medindo un novo paso para a permanencia do equipo.
MVP
3 Puntos – Richard (Goles e intelixencia)
2 Puntos – Quintás (Seguro Atrás e con boas decisións)
1 Punto – Albino (Entrega, gol, e sacrificio)