Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Fai tempo que non publicamos nada agás crónicas dos partidos, así que aproveitando a ponte festiva imos contar un par de noticias fóra do fútbol.

O mércores 7 de novembro saímos en El Progreso. Alí comentamos brevemente as características e os motivos que nos levaron a facer a aplicación. Podedes botarlle unha ollada no seguinte enlace: El Progreso – Goles en el Smartphone.

Por outra banda, o sábado 1 de decembro saímos na TVG, nunha pequena reportaxe grabada no campo da Veiga do Olmo para A Revista FDS.
Falamos da web e da aplicación, o traballo que lle dedicamos, os comezos e novas ideas de cara o futuro. Se queredes velo, só son 5 minutos e podedes facelo en A Revista FDS – Dous Xogadores do Castroverde Deseñan unha Moderna Aplicación.

Pola nosa parte nada máis que comentar. Sabedes que nos podedes seguir no Twitter (@SDCastroverde) e no Facebook.

Saúdos para todos