Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Partido vistoso para os afeccionados que hoxe se deron cita na veiga do olmo, ainda que con mal sabor de boca.

O equipo saiu a polo partido conseguindo un dous a cero esperanzador nos dez primeiros minutos. O primeiro obra de Juan nun saque de esquina e o segundo obra de Marcos. Pero estos folgos pouco lle duraron os nosos, xa que pouco despois recortaban diferencias os visitantes. Este resultado tamén facía valer que os trs puntos se quedaran na casa, pero outro despiste defensivo fai que o descanso se chegue co empate no marcador.

Na reanudación, un polémico fora de xogo, fai que os visitantes se adianten no marcador. Un mal comezo que fixo que o Monterroso se sentira cómodo no medio campo. Nunha falta algo alexada, un bon disparo por encima da barreira fai que se escapen por dous goles.

Con máis corazón que xogo os nosos véñense arriba, con algunha ocasión que non se pode materializar. Foi Gelo a 5 do final cando recorta a desventaxa e deixa aberta a posibilidade do empate. Empate que nunca chegou, a pesar dalgún intento aisalado.

Bon partido nos primeiros dez minutos, aínda que pouco máis se pode descatar desta derrota, na que teremos que seguir mellorando a línea defensiva, para non dar tantas ocasións aos rivaís.

O próximo partido será contra un dos, hasta o momento, candidatos a todo, o Sarria.

Liga fantástica

1 – Marcos Gemelo. (Gol e entrega)

1 – Bruno. (Na reaparición demostrou caracter e ganas)

1 – Marcos Quintas. (Levou peligro pola súa banda)