Derrota pola mínima diante dun correoso Santa Comba que non fixo méritos para o resultado, xa que decidiron os erros en defensa, que se pagan mui caros.
Nada máis comenzar o partido, o Santa Comba adiántase nun balón frontal, que a defensa non atalla a despexar e o porteiro local non chega na saída. Con ese pésimo inicio, o equipo tivo que ir a remolque. Aínda así o equipo tivo minutos de bon futbol, e froito deso, nun balón pola banda que recolle Marcos Veiga, lanza en primeira insancia, e o balón sae rebotado, e en segunda, o defensa visitante derriba ao noso atacante. Pena máxima que transforma Richard no empate.
Pouco máis se pudio ver, agás ocasión aisladas, unha cada portería. A dos locais por parte de Gelo.
Na segunda parecía que o castroverde quería coller a manixa do encontro, pero nun balón sen apenas complicacións, que he cedido o porteiro, bótalle mal e os visitantes de forma inesperada poñense por diante. Este segundo gol deixou tocado o equipo. Aínda así a pouco do remate, a ocasión máis clara polos nosos, foi un claro penalti, que e pitado como fora, sendo moi discutido polo equipo local. Non deu tempo para máis, e o equipo non foi quen de conseguilo empate.
Derrota na casa que se debe darlle a volta no seguinte encontro, tamén na casa, e diante do monterroso. Esperemos que o traballo desta semana poida refrendar unha victoria.
Liga Fantástica
1 punto – Marcos Veiga (Por provocar o penalti e polo seu esforozo)
1 punto – Richard (Polo gol)
1 punto – Gemelo (Desplegue físico ao servicio do equipo)