Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A SD castroverde ven de perder en Palas, por un cinco a dous, nun partido que se decidiu pola falta de eficacia, e polos ‘discutidos’ criterios arbitrais.

O partido foi moi intenso na primeira parte, na que os visitantes tuveron un man a man co porteiro para abrir o marcador. Marcos non acertou, e na seguinte xogada, unha discutible man na área visitante, fan que o árbitro pite a pena máxima e o Palas se adiante.

O castroverde non se rendía, e Gelo tivo outro man a mna, que tampouco resolve con acerto.

O palas sí o fai, nun remate a centro desde a esquerda, na que o xogador está en claro fora de xogo.

Co dous a cero, o castroverde veuse abaixo, e máis despois de fallar duas novas ocasións.

Esto aproveitouno un palas para meter dous máis e dar case por sentenciado o partido. Na recta final a SD recompuxose, e un gol de falta de brais fixo un pouco de xuticia no marcador.

Na segunda parte parecía que o partido iva morrer pouco a pouco, pero os nosos fixeron un esforzo e conseguiron o segundo, obra de Iago, logo dunha falta rexeita pola defensa local, que o deixa libre de marca no segundo pau. O equipo con ese gol veuse arriba, pero faltaban forzas para conseguir un novo gol. Que esta vez nunha contra ven levada, marcan o quinto.

Bon partido polas sensacións transmitidas e polo esforzo, pero todo o contrario en intensidade e sorte. Toca pensar no santa comba, o próximo rival na casa.

Liga Fantástica

3 puntos – Marcos Gemelo (Intensidad e entrega)

2 puntos – Javi (Seguro atrás e ben no xogo aéreo)

1 punto – Richard (Moveu o equipo con criterio)