Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Interesante, pola emoción, o partido disputado na veiga do olmo ante dous equipos que precisaban os puntos para sair da parte baixa da tabla.

Nos primeiros minutos de tanteo, con acasións non demasiadas claras tanto para a sd coma a comercial, o partido presentábase aberto para os dous lados. Nun achegamento pola banda, nunha boa xogada de marcos, cun pase da morte, habilita a Mario para que marque o primeiro. Pouco máis que ver nunha primeira parte na que ambos tiveron outra moi boa ocasión por bando, pero que non transformaron polo acerto dos porteiros.

Na segunda os visitantes, e véndose por debaixo no marcador, intentárono os 15 primeiros minutos con moita fe, pero con poucas ideas. No 20 Mario sentencia, esta vez a pase de Gelo, cun bo control e mellor definición. Este gol foi protestado polos visitantes quedándose perimeiro cun home menos, e o pouco con dous menos. Desquiciados, unha dura entrada sobre Brais, provoca a terceira expulsión da tarde. Coa comercial con 8 homes, a SD dedicouse a comtemplar e a esperar a súa oportunidade para marcar o terceiro. A pesar deso, conformouse co resultado hasta o final do partido sin pasar apuro algún.

Bo partido, ante todo polo resultado, que fai que o equipo consiga unhos puntos importantísimos.

Liga Fantástica

3 Puntos – Mario (polos goles)

2 Puntos – Gemelo (polo traballo no medio e asistencia no primeiro gol)

1 Punto – Iago (Pola polivalencia e seguridade no centro da zaga)