Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Bonito partido en Os Medos, cun Castroverde dominando e xogando moi ben ó toque pero que non aproveitou as ocasións que tivo

Na primeira parte os visitantes saíron a defender, con catro defensas e outro por diante, e non pasaron grandes apuros. Gelo por dúas veces tivo o gol nas súas botas, pero na primeira reclamou penalti e na segunda o balón deu no pao. Richard e Marcos levaban todo o peso do partido, dominando no medio campo. Sen embargo, sobre o minuto 20, un córner en contra rematou en gol, logo dunha falta do dianteiro que tumbou a un central e ó porteiro, e varios rexeites sen froito. De aquí ó medio tempo maís do mesmo, pero sen fortuna

O segundo tempo foi de dominio absoluto da SD, combinando e chegando con ocasións claras pero que non erean quen de finalizar a gol. O Brollón saía á contra con rapidez, e conseguiron crear perigo en varias ocasións. O segundo gol veu nunha cesión clara case na área pequena, e o lanzamento de falta entra polo pau do porteiro.

Liga Fantástica

3 puntos – Marcos Xemelo

2 puntos – Ríchard

1 punto – Iago