Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Boa tarde de fútbol na Veiga do Olmo, onde a SD xogou o mellor partido dos que leva disputados nesta tempada

O Castroverde dominou o partido de principio a fin, saíndo co balón controlado desde atrás e buscando o desborde polas bandas. No medio os gemelos eran os que manexaban e distribuían o xogo, e o Chantada non foi quen de plantarlles cara. O primeiro gol chegou logo dun pase profundo de Ríchard a Gelo que encara ó porteiro e bate por baixo.

A segunda parte comezou cunha gran xogada de Marcos Quintas pola esquerda, que pasa ó Gemelo e este cambia cara a Brais, que acaba rematando de volea a gol. Isto animou aínda máis ós locais, que seguiron atacando e tendo ocasións claras, sobre todo por parte de Gelo. Xa cerca do final, Ríchard voleou dende a frontal e consegui o terceiro e definitivo gol da tarde.

Liga Fantástica

3 puntos: Ríchard

2 puntos: Gelo

1 punto: Brais