Bo partido o disputado o domingo no campo dos Escolapios
Os primeiros minutos foron de dominio local, que dominaba o xogo no medio campo. Nun pase ó espacio para o dianteiro que se encontraba en fora de xogo moi claro chega o primeiro gol, driblando ó porteiro na súa saía e rematando a porta baleira. Ó pouco nun balón dividido na área visitante o dianteiro agarra e derriba ó central e logo pasa ó compañeiro só que remata a placer. Dous goles inmerecidos que non deberon subir ó marcador e que marcaron o resto do partido. Os visitantes tomaron o control do partido, con ocasións para Juan e Carlos, pero sen fortuna. Logo chegou o primeiro penalti en contra, onde Antonio derriba ó contrario cunha entrada a ras de chan. A última ocasión é para Gelo, que o intenta dende lonxe, pero o porteiro consegue rexeitar con moitos apuros. Tres cero ó descanso para un partido de forzas igualadas.
O segundo tempo foi de dominio visitante. Os xemelos fixéronse con control total do medio campo, recuperando e repartindo o balón ás bandas onde Juan se mostrou moi perigoso, superando ó lateral e centrando balóns moi perigosos á área. Precisamente así chegou o primeiro da SD, centro raso de Juan que Gelo remata a gol adiantándose ó porteiro. Javi tamén tivo unha gran ocasión, nun córner dende a dereita que remata de cabeza á escadra, pero parou o porteiro nunha gran intervención. A mala fortuna volve aparecer, e Javi corta un balón na área propia, pero esvara e cae coa man no balón. Segundo penalti e cuarto gol para o Calasancio. Sucedíanse as ocasións para o Castroverde, Ríchard tivo a súa logo de un regate e parede con Brais, pero o remate dentro da área foise fóra. Finalmente, un pase ó desmarque de Richard para Gelo e este marca no man a man. Resutado definitivo, xa que a partir de ahí cada xogada de ataque dos visitantes convertíase en fora de xogo asubiado polo árbitro.