Partido para esquecer o do domingo na Veiga do Olmo.
O primeiro tempo foi igualado, con ocasións para os dous equipos. O Castroverde chegaba polas bandas con Marcos e Carlos, pero non se finalizaban as xogadas. O Guntín aproveitou a defensa adiantada do rival para encaran no man a man a Marcos e marcar o primeiro. Ó pouco unha xenialidade de Campos na frontal que se vai dos centrais e dispara de exterior para conseguir o segundo,
Na segunda metada a SD fíxose co control do balón, creando perigo con Gelo e Ríchard. Sen embargo, nun córner en contra chegaba o terceiro cun gol en propia porta que parecía a sentenza para os visitantes. Pero lonxe de rendense, os locais conseguen reducir a diferenza cun pase ó desmarque para Gelo que marca no man a man. O resto no encontro foi do Castroverde, pero as contras do Guntín levaban moito máis perigo, marcando dous goles máis e deixando o marcador nun 1 – 5 que non reflexa o visto no terreo de xogo