Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Partido con moitas ocasións o disputado na tarde do sábado no Castro Seoane, Antas.

Nos primeiros 20 minutos o partido foi dominado polos locais, que con balóns en longo trataron de superar a defensa visitante. Nunha destas ocasións, o dianteiro quedouse só nun man a man pero estrelou o balón no porteiro da SD. Pola parte visitante, Richard tentábao en varias ocasións dende fóra, pero non houbo sorte. Tamén Geme pola banda e Gelo polo centro tiveron a súa oportudidade, pero non houbo sorte. A xogada máis protestada polo Antas foi un gol anulado por fora de xogo, logo do disparo desde a frontal que peta nun defensa e o porteiro desvía ó pau, e que é finalmente rematado en posición ilegal polo dianteiro

Na segunda metade o partido estivo moi aberto, con oportunidades polos dous bandos. Os locais en corners e saques de banda longos inquedaban ós visitantes, e estes con tiros lonxanos de Geme e Richard puñan en apretos a Brais. Mediado o segundo tempo, chega o gol de Diego cun disparo raso á dereita de Marcos. Os últimos minutos son de dominio visitante, incluídos dous tiros ó longueiro e unha cesión na área pequena, que sacan en curto ó outro lado pero o remate non entra na porta.

Liga Fantástica

3 puntos – Iago

2 puntos – Richard

1 punto – Geme