Pobre partido o disputado na tarde do sábado na Veiga do Olmo.
A primeira parte non foi moi brillante. A únicas ocasións claras foron locais, nun córner rematado de cabeza que Alberto conseguiu rexeitar, e un remate de Gelo que se foi por pouco.
A segunda mellorou en xogo, e así apareceron as ocasións, sobre todo en contras. Gelo intentouno, pero non batiu ó porteiro man a man. Carlos tamén creaba perigo pola banda, pero os seus centros non atopaban rematador. Nembargantes, foi o Friol o que dispuxo das ocasións máis claras, pero Pombo soubo resolver primeiro nun man a man en área pequena, e logo nun remate de cabeza pegado ó pau que conseguiu rexeitar nunha boa estirada. Pero cando parecía que o partido non tería goles, un córner botado dende a esquerda é rexeitado de cabeza en primeira instancia, pero a falta de entendemento entre os defensas e o porteiro fai que chegue o autogol. Os locais baixaron os brazos e os visitantes conseguiron o que viñeran a procurar.
Liga Fantástica
Pombo – 1 punto
Iago – 1 punto
Gelo – 1 punto