A sd castroverde ven de acadar un inmerecido empate diante dun espeso becerrea que pouco demostrou e que na recta final perdeu dous puntos e regalou outro mais.
Nun mal partido por ambos equipos o becerrea adiantouse por duas veces, gracias a indolencia da defensa local que non soupo como rexeitar os balons largos, o único recurso do que dispuxeron os visitantes. A única oportunidade para os locais viria dunha falta lanzada por marcos veiga ao pao largo q por pouco non acaba en gol.
Na segunda pouco cambiou o decorado, o castroverde intentando ir o ataque sen ninguna idea, e o becerrea seguía coa súa cruzada polo aire, balons a espalda da defensa, que nesta segunda parte se mostrou máis atinada.
Cando xa parecía q o partido morria cos visitantes dando entrada a todos os suplentes, nunha xogada a balón parado Pepe, – consigue o seu primeiro gol coa sd-,fusilando ao gardamallas na área pequena. Un a dous e cinco minutos aínda por diante. Así pouco despois un balón na esquina da área grande e aproveitado por Brais para tamen anotar o seu primeiro gol cunha fermosa vaselina, contando tamén coa mala salida do porteiro visitante.
Neses instantes finais, cnado a sd se viu que pdía gañar chegou o asedio, con tres remates na área na última xogada, pero o marcador xa non se movería.
Mal partido, no que se conseguiu sacar un punto para seguir sumando e coas ilusións intactas de cara a este inicio de temporada.
Liga Fantástica
1 – Fraga
1 – Pepe
1 – Brais