Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde crasificouse para a vindeira rolda da Copa Deputación, tras voltar a derrotar por cero goles a un ó Becerreá no encontro de volta da primeira rolda da Copa.

A primeira metade transcurriu con dominio local e cuns visitantes a procura dunha contra, nembargantes nin un nin outro equipo foi quen de poñer en perigo a meta rival, xa que ámbalas defensas se desenvolveron con grande eficacia e polo tanto o xogo foi un tanto aburrido.

Na segunda metade o Becerreá sabía que con un gol se crasificaba pero a medida que ían pasando os minutos os ataques locais foronse voltando máis aloucados en con excesiva presa o que provocaba que apenas puxeran en perigo o arco rival agás nun par de balóns divididos no área que finalmente foron desviados pola defensa. Por contra o Castroverde seguía agardando a súa ocasión e así co paso do tempo ó deixar o rival cada vez máis ocos atrás as xogadas de perigo comezaron a chegar unha tras outra ata que por fin Manuel recolleu un centro na área pequena rival e fusilou o arqueiro local poñendo un tranquilizante cero a un que obrigaba ós locais a facer dous goles para empatar a eliminatoria.

Así se chegou ó remate do xogo cuns visitantes que aínda xeraron algunha ocasión máis perante un rival xa compretamente rendido.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P………………….3 PUNTOS JUAN.

O IMPRESCINDIBLE………….2 PUNTOS MANUEL.

O CUMPRIDOR………………1 PUNTO MARCOS FDEZ.