Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde conqueriu unha mínima bantaxe de un gol tras vencer ó Becerreá por dous goles a un no partido de ida da Copa Deputación, celebrado o domingo nunha tarde onde se alternaron os craros coa chuvia o que fixo que o terreo de xogo estivera esbaradizo co conseguinte perigo de algunha xogada desgrazada.

O encontro tivo duas partes ben diferenzadas, na primeira metade os visitantes saíron dormidos e o Castroverde dominou por compreto o xogo e froito diso pronto se adiantou no taboleiro cun gol en propia meta do Becerreá nun dos múltiples erros que cometeron neste tempo; despois disto os locais non se relaxaron e continuaron dominando ata que noutro despiste defensivo Marcos sacou en longo e o esférico superou a toda a defensa vermella quedando Gelo só diante do arqueiro e batíndoo no man a man. Semellaba que a eliminatoria pronto ía a estar resolta xa que os verdibrancos seguían a gozar de ocasións namentras que o Becerreá continuaba sen dar sinais de vida, pero ata o entretempo o Castroverde non foi quen de aproveitar algunha das ocasións que tivo e iso pagouno despois, posto que a segunda metade foi compretamente distinta; o Becerreá espertou e pasou a dominar por compreto o encontro pechando a uns locais que se defendían como podían na súa propia área, así comezaron a chegar as primeiras ocasións visitantes aínda que sen excesivo perigo namentras que os verdibrancos apenas sí podían pasar do medio campo antes de voltar a perder o esférico, e á fin pasou o que tiña que pasar nunha falta ó borde do área local o balón foi rexeitado cara a banda pola barreira probablemente coa man por parte de Richard polo que algúns xogadores visitantes se puxeron a protestar o penalti, pero outros estiveron máis listos e o rexeite aproveitárono para centrar o esférico dende a banda dereita e rematar un xogador visitante compretamente só no área pequena de cabeza o gol que á postre foi definitivo e deixa todo por decidir no encontro de volta da semana que ven.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P……………………MARCOS FDEZ. 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE……………MANUEL 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR………………..GELO 1 PUNTO.