A S.D. Castroverde e o Monterroso empataron a tres goles nunha tarde de domingo marcada polas inclemenzas meteorolóxicas que deixaron o campo impracticable nalgunhas zonas.
O encontro comezou cos dous equipos moi relaxados xa que ámbolos estaban salvados e tan só se xogaban o ver quen quedaba por diante na crasificación polo que o xogo se caracterizou polas frouxas defensas e os constantes ataques no área rival.
Así, neste toma e daca o Castroverde adiantouse no minuto quince logo dun saque en longo do arqueiro visitante que sorprendeu á defensa local e Richard moi atento quedou só diante do cancerbeiro e facía o primeiro da tarde. Froito do gol o dominio visitante aumentou pero para desgraza destes nese intre comezou a caer unha forte saraiba e posteriormente unha tromba de auga que enchouparon o terreo de xogo e favoreceu a un Monterroso que comezou a pechar na súa área ós verdibrancos, xerando varias ocasións craras ata que no minuto corenta acadan o empate co que se chegou ó entretempo.
Na segunda metade deixou de chover e o Castroverde voltou a nivelar o xogo tendo ocasións por ámbalas partes ata que Richard de novo facía o segundo para os visitantes e ademais pouco despois quedaba o Monterroso con dez homes polo que semellaba que o triunfo caería do lado forasteiro; pero pouco durou a ledicia xa que ós dez minutos Gelo tamén era expulsado e o Monterroso nunha xogada pola banda esquerda acadaba o empate a dous.
Así coas defensas desbordadas polos ataques xa que o medio campo de ámbalas partes se preocupaba máis por atacar que por defender o Castroverde por medio de Toño voltou a poñerse en bantaxe pero pouco antes de finalizar o encontro, nunha nova xogada pola esquerda o Monterroso facía o derradeiro tres a tres.
LIGA FANTÁSTICA
O M.V.P………………….RICHARD 3 PUNTOS.
O IMPRESCINDIBLE………….TOÑO 2 PUNTOS.
O CUMPRIDOR………………JUAN 1 PUNTO.