Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde derrotou ó Guntín por catro goles a cero nunha nubosa tarde de domingo, acadando así a permanenza na categoría, onde o encontro tivo duas partes ben diferenciadas.

Na primeira metade o xogo estivo equilibrado con chegadas para ámbolos equipos, pero quizais os visitantes chegaron con maior asiduidade á meta rival pero sen puntería ante a meta defendida por Marcos, principalmente por medio de disparos lonxanos de falta e tamén en xogo; namentras o Castroverde tivo a súa mellor ocasión finalizando a primeira metade nun gol de Quintás que foi anulado por fora de xogo logo dunha xogade de Carlos pola banda esquerda.

A segunda metade foi compretamente distinta, os locais precisaban un punto para salvarse matemáticamente namentras que o Guntín xa estaba salvado e froito diso os visitantes saíron na reanudación excesivamente relaxados, o que fixo que o encontro fora un monólogo dos verdibrancos que se adiantaron por medio de Marcos no minuto quince.

Despois do tanto o Guntín aínda baixou máis os brazos e así Gelo facía o segundo cunha fermosa vaselina sobre o arqueiro e pouco despois en pleno vendabal local Carlos nunha gran xogada acadaba o terceiro ante un desarbolado rival que acabou encaixando o cuarto nunha contra por mediación de Richard nos derradeiros intres poñendo así a fin ó encontro.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P…………………3 PUNTOS GELO.

O IMPRESCINDIBLE…………2 PUNTOS CARLOS.

O CUMPRIDOR……………..1 PUNTOS MARCOS GEMELO.