A S.D. Castroverde empatou a dous goles co Becerreá nunha primaveral tarde de domingo onde os locais non foron quen de manter a bantaxe que acadou na primeira metade de dous goles.
O encontro comezou con dominio dos locais que durante a primeira media hora despregaron probablemente o mellor xogo da tempada con constantes apoios e paredes entre os verdibrancos que desarbolaron ó Becerreá que viu como primeiro Richard con tiro dende a frontal do área e despois Albino de penalti puñan un craro dous a cero no taboleiro.
Pero tras esa primeira espectacular media hora onde o castroverde puido ampriar a bantaxe sen éxito, o encontro igualouse cun tiro dende lonxe do Becerreá que sorprendeu ó arqueiro local e fixo que o Castroverde se viñera un pouco abaixo, aínda que deron aguantado ata o entretempo.
Na segunda metade o Becerreá aproveitouse de que tiña o aire a favor, e saiu a por todas con balóns en longo que puñan en apretos á defensa local ata que no minuto dez da segunda metade o Becerreá logo dun mal despexe da zaga local acadaba o definitivo empate.
Dende ese intre, o encontro convertiuse nun toma e daca constante con ataques por ámbalas partes pero que case sempre morrían perante os defensas rivais agás un par de ocasións por bando que non moveron máis o resultado.
LIGA FANTÁSTICA
O M.V.P…………………RICHARD 3 PUNTOS.
O IMPRESCINDIBLE…………MARCOS XEMELO 2 PUNTOS.
O CUMPRIDOR……………..CARLOS 1 PUNTO.