Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde sucumbiu perante o líder da competición, o Polvorín por cinco goles a tres na noite do sábado, nun encontro marcado principalmente por duas craves que decidiron o resultado, a primeira a maior efectividade cara o arco por parte dos locais que prácticamente transformaron o cen por cen das ocasións que tiveron e a segunda a lamentable actuación do colexiado da contenda que ó longo de todo o encontro non deu unha a dereitas e perxudicou a ámbolos equipos con decisións moi protestadas sobre todo polos visitantes.

O encontro dende o primeiro momento foi un toma e daca na que os ataques se impuñan ás defensas e así se chegaba unha e outra vez a ámbalas metas coa diferenza na primeira metade que o Polvorín estivo máis atinado, aínda que con axuda xa que o primeiro gol chegou cun penalti compretamente inexistente que só viu o colexiado. Pouco despois houbo otro craro penalti a prol do Castroverde pero nesta ocasión o colexiado non o sinalou e cando máis apretaban os visitantes chegou o segundo gol local que non fixo perder os ánimos ós verdibrancos que continuaron ó longo do encontro tentando recurtar diferenzas sen sorte, xa que nun erro defensivo o Polvorín facía o terceiro xa na segunda metade e parecía sentenzar o encontro.

Pero a pesar do resultado o Castroverde continuou atacando e por fin Gelo recurtaba diferenzas e pouco despois Marcos con quince minutos por diante puña un esperanzador tres a dous que provocaba que os visitantes atacaran con todo deixando moitos espazos para as contras locais e nunha destas o Polvorín facía o cuarto tanto pero o Castroverde non se rendía e nada máis sacar de centro Gelo voltaba a marcar e puña o catro a tres que finalmente foi modificado xa nos derradeiros intres con outra contra mortífera do líder da competición, iso si nun craro fora de xogo, que neste caso xa non deixaba tempo para a reacción ós verdibrancos.

En resumo, o árbitro foi o craro protagonista sinalando un penalti inexistente, e deixando de sinalar probablemente dous penaltis por bando bastante craros, ademais de conceder un gol en fora de xogo e sacar unha morea de tarxetas nun encontro sen ningunha patada.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P……………….GELO 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE……….CARLOS 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR……………MANUEL 1 PUNTO.