Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A SD Castroverde consegue a segunda vitoria consecutiva, nesta ocasión fronte o Sober, mantendo a porta a cero cunha defensa sólida, e sabendo aguantar nos momentos críticos, para logo atinar nos favorables

Na primeira parte os equipos non conseguiron xogar ó futbol, con moitos erros nos dous bandos. Os locais presionaban e o Castroverde defendíase e saía á contra con velocidade. O perigo visitante viña na recuperación de balón na defensa, e logo duns primeiros minutos pouco afortunados, chegaron varias ocasións claras. Finalmente, Albino remata a gol logo dun pase ó espacio de Ríchard, facendo o 0-1. Aínda houbo tempo para algunha ocasión máis, pero o marcador non se moveu.

A segunda parte foi outro cantar. Os visitantes dominaron namentres os locais buscaban balóns en largo. Nun corner local chegou a máis clara para o Sober, logo de varios rexeites o dianteiro remata pero Tino e o longueiro conseguen despexar. A partir desde intre, Ríchard e os Gemelos fixéronse con medio campo e o xogo rápido por banda cara Albino rompeu o partido. Nunha xogada na área rival, Manuel recibe unha patada moi clara sendo penalti, que el mesmo transforma cun tiro atinado á dereita no 0-2. Ó pouco, saque de banda á área e o defensa abraza a Manu descaradamente. Nesta ocasión é Gelo o encargado de tirar, batendo ó gardamallas á dereita de novo. E xa para finalizar, nun córner Gelo remata de testa ó fondo da rede para acadar o 0-4 definitivo

Logo desta boa xeira de resultados que fixo que a SD se encontre na undécima posición, toca a visita do Calasancio, que loita polo ascenso. Na ida o resultado fora 0-0, e este domingo esperamos acadar algo mellor.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P…………………………….Manuel 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE…………………….Gelo 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR…………………………Tino 1 PUNTO.