Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Vitoria pola mínima dun Castroverde que mereceu máis polas ocasións erradas aínda que o partido nunca estivo decidido ata o asubío final.

O Antas comenzou ó ataque. A primeira ocasión foi un tiro lonxano con moito perigo rexeitado polo gardamallas. Pero ó pouco a SD asentouse no terreo de xogo e dominou o xogo. As ocasións sucedéronse rápidamente, primeiro nun balón recuperado por Gelo con pase atrás que falla Carlos, logo nunha falta botada por Gelo que toca na barreira e marcha a córner. No saque do mesmo Richard pon o balón ó primeiro pao e Juan remata de testa pola escadra. Era o minuto 23. Seguiu o dominio do partido, onde Marcos, Gelo, Ríchard e Carlos demostraron como tocar rápido e xerar perigo unha e outra vez. Nembargantes, nos últimos minutos o Antas retomou o control, aínda que sen acerto.

A segunda parte houbo moitas ocasións por parte local, todas en contras rápidas por parte de Marcos, Carlos e Gelo. Este último tivo un dúas claras diante do porteiro, a primeira parouna e a segunda foi ó pao longueiro. O Antas, pola súa banda, tiña a posesión pero só soubo colgar balóns á área, sen moito perigo. No minuto 88 quedouse con dez por segunda amarela, nunha falta sobre Gelo que ía internarse na área libre de marca.

Con esta vitoria o Castroverde respira aliviado, fóra de perigo polo momento, pero pensando xa na importante cita o domingo en Sober.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P…………………………….JUAN 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE…………………….GELO 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR…………………………MARCOS FRAGA 1 PUNTO.