A S.D. Castroverde sucumbiu por dous goles a cero perante o Escairón, o segundo crasificado da liga e craro aspirante ó ascenso, nun encontro onde os locais levaron o peso do encontro, pero no que lles custou moito máis do agardado superar ós verdibrancos.
A primeira metade desenrolouse cun Castroverde agardando no seu campo á procura dunha contra e cuns locais que tentaban move-lo balón e convinar con paciencia na busca do primeiro gol. Así foi transcurrindo o xogo sen apenas ocasións de gol, tan só unha por bando pero que tampouco foron moi craras e cando xa se ía chegar ó entretempo un centro dende a dereita era rematado polo Escairón e supuña o primeiro gol nunha soleada tarde de domingo.
Con éste gol na segunda metade ó Castroverde non lle quedou outra que adiantar liñas na procura do empate co conseguinte risco que isto supuña perante un rival de gran calidade como había enfronte, sen embargo ante o exceso de relaxación local os visitantes comezaron a achegarse á meta contraria e a xerar perigo durante os primeiros vinte minutos da reanudación ata que a gasolina comezou a esgotarse e os locais vendo que tiñan unha mínima bantaxe pisaron un pouco máis o acelerador e a falta de quince minutos para o final outro centro dende a banda era rematado a gol por un dianteiro local e sentenzaba definitivamente o encontro.
Así se chegou á fin, cun resultado xusto e cun Castroverde que demostrou que a pesar das numerosas baixas coas que acudiu a diferenza entre ambos non foi tan grande.
LIGA FANTÁSTICA
O M.V.P…………………………MANUEL 3 PUNTOS.
O IMPRESCINDIBLE…………………MARCOS FDEZ. 2 PUNTOS.
O CUMPRIDOR……………………..YAGO 1 PUNTO.